FOTOGALERÍA | Solleira tarde de magosto no centro de día de Verín

As vides, imprescindibles no magosto de Solleira. | FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
Merche Diz, unha das técnicas de Solleira, con José Ramón Giraldo, nunha animada conversa.
Nieves Justo acompañaba a unha maior a sentarse.
Modesto Carnero, abaixo, foi o mestre do "lume".
Contou coa inestimable colaboración de José, un dos veteranos do centro de día.
O tixolo, elemento imprescindible nun magosto.
Os Dispersos de Xinzo "dispersaron" a súa música na Praza da Alameda.
Carme Fernández, de vermello e nai da directora do centro de día, quíxose sumar á festa.
FOTOS: Jainer Barros.
José sacou á pista á directora, Chelo Ferreiro.
Dende a esquerda: Modesto, Carme, Felisa e Gilberto -usuario do centro de día-.
A directora do centro de día municipal de Verín, Chelo Ferreiro, cunha das usuarias.
O centro de día para os maiores de Verín festexou este venres o seu magosto, nunha tarde calorosa e completamente solleira. Os seus usuarios desfrutaron dunha xornada distinta: comezou cos preparativos da festa; a súa execución con Modesto Carnero controlando o tixolo e, máis tarde e como colofón, a degustación das castañas e o baile que se marcaron ao son das gaitas, a caixa e o bombo dos Dispersos de Xinzo

Apagouse o lume fóra pero a festa seguiu dentro con máis música