FOTOGALERÍA | Unha solleira ruta de maiores por Cabreiroá

O centro de día Solleira de Verín vén de pór en marcha un novo programa de saídas ao exterior para os seus maiores. Xa é habitual ver aos seus usuarios, agora que está a chegar o bo tempo, pola praza tomando tranquilamente un café e recuperando os instantes vividos en épocas pasadas. 

Este mércores deron comezo a unha nova ruta, a dos balnearios. Regularmente, un equipo de técnicos en coidados de xeriatría do centro de día sairán cun grupo de maiores a unha das paraxes desta terra das augas. Comezaron por Cabreiroá, onde percorreron o seu parque, achegáronse ás inmediacións do hotel e mesmo tomaron, como non podería ser doutro xeito, as carbonatadas augas do manancial

Unha visita similar se repetirá no resto de fontes e ata está previsto que visiten o balneario de Caldeliñas e se acheguen ata a Fonte do Sapo.