FOTOGALERÍA | O Centro de Día Solleira de Verín celebra o seu 7º aniversario cunha xornada chea de emoción e lembranzas
09 de abril de 2026 (09:16 h.)
O Centro de Día Solleira conmemorou o seu sétimo aniversario cunha celebración moi especial na que non faltaron os sorrisos, o agarimo e, sobre todo, a emoción compartida entre usuarios e profesionais.
Foi un día para poñer en valor a importante labor que se realiza día a día no centro e no que ademais, se desfrutou dun ambiente festivo e acolledor, reflexo do espírito familiar que caracteriza a Solleira.
Ao longo destes sete anos, Solleira consolidouse como un referente no coidado e atención ás persoas maiores, apostando sempre por unha atención personalizada e de calidade, centrada no benestar e na dignidade de cada usuario.