FOTOGALERÍA | A II Revolta Irmandiña consolida a Verín no calendario nacional das OCRs
Non hai dúbida de que a segunda das edicións da proba de obstáculos verinesa non só deixou un bo sabor de boca na organización e participantes, senón tamén na vila e nos seus habitantes.
Moitos foron os curiosos que se achegaron ata o parque da Preguiza para coñecer de primera man o que alí se cocía, que non era pouco: medio milleiro de participantes, corenta voluntarios na preparación e asistencia das probas e, sobre todo, un ambiente de camaradería e deporte difícil de superar por outras ofertas.
Na beira do Támega xuntáronse, ao longo da mañá do domingo, máis de 1.500 persoas, entre inscritos, familiares, e tamén algún que outro posto de venda ambulante, algún deles tan inxenioso como os das irmás Gómez Álvarez -máis coñecidas como "As Pato", que desta vez ían perfectamente identificadas para a ocasión-, que gravaban a medalla da participación no instante.
O clube Eiroás achegou os seus arqueiros para ensinarlle, sobre todo á catividade, a espectacularidade dos seus arcos. Non faltou o momento da cervexa -ou a bebida isotónica- da man dos do Enredo, o xantar popular e a tradicional foliada.
Unha vez máis, o de gañar foi secundario. E se alguén o fillo, nesta particular Revolta, foi Verín, capaz de atraer ata o territorio corredores de Barcelona, Bilbao, Melilla ou Madrid, entre outras localizacións.
Longa vida a unha proba que une.