FOTOGALERÍA | A San Fermín pedimos... !

O touro, de foto.
Os cativos da Ludoteca de Verán do Concello de Verín pasaron unha mañá en grande este xoves. A organización tíñalles preparado un encerro que durou máis dos habituais que se corren polas rúas de Pamplona e que rematou sen contusións e moito menos sen feridas por hasta -en galego, con hache, si- de touro. 

No patio do Princesa de España e máis tarde no sintético da Granxa tivo lugar un encerro ao revés: era a cativada a que corría detrás dos hastados -tamén con hache-, e non como cabería agardar. 

O que non hai lugar a dúbidas é que os pequenos e as pequenas desfrutaron como se mesmo correran pola Costa de Santo Domingo.