FOTOGALERÍA | Rueda "brinda" un decidido apoio ao sector do viño na súa visita a Verín
10 de agosto de 2025 (21:16 h.)
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou este domingo durante a súa visita á XVIII Feira do Viño de Monterrei a relevancia do sector vitivinícola como "marca de identidade" da Galicia Calidade e "un dos sectores que máis nos identifica".
Rueda, que estivo acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, resaltou o apoio da Xunta "a todo o que xira arredor do viño", facendo mención tanto a adegueiros e viticultores como ao eido do enoturismo. Subliñou así mesmo a colaboración coas denominacións de orixe, "que son fundamentais para poñer en valor os viños en cada zona".