FOTOGALERÍA | Primeiras horas dun novo lugar onde "enredar" en Verín
19 de abril de 2025 (00:11 h.)
Hai bares que simplemente abren e bares que nacen para darlle un xiro ao día a día dunha vila. O Enredo é destes últimos. Inaugurouse este xoves na Praza da Alameda e trae a ilusión dun rapaz de 24 anos, estudante de dereito, que quixo volver a casa para emprender na vila convidando aos seus veciños a "enredar".
Detrás da barra está Áxel Aparicio, un verinés que decidiu pechar etapa na Coruña para abrir outra máis persoal, máis comprometida e máis ligada á súa identidade. "Sei que hai xente que marcha, pero eu quería demostrar que tamén se pode facer algo aquí, onde está a miña xente, onde medrei", conta.
A súa aposta vai moito máis alá dun negocio: é un proxecto vital, unha maneira de contribuír ao dinamismo dunha vila que, pouco a pouco, volve crear espazos propios e alternativos. "Os bares son moito máis ca locais: son lugares onde a vida se xunta, onde se cociñan ideas, onde atoparse sen haber quedado. Para iso naceu O Enredo".