FOTOGALERÍA | Excursión dos alumnos do CMUS destino Porto

Unha das últimas fotos do día, coa ponte Don Luís I ao fondo.
Diante da entrada á Librería Lello.
No interior da estación de ferrocarril de San Bento, monumento histórico da cidade lusa.
A Casa da Música do Porto.
Alumnos do CMUS no interior do centro de concertos.

Foi a mellor forma de pór fin a un curso académico onde o espíritu dun conservatorio anovado e con ganas de ser referente cultural na vila -atrás quedan os primeiros festivais de bandas ou de percusión-: unha excursión de alumnas, mestres, nais e pais á cidade portuguesa do Porto e, máis en concreto, á súa Casa da Música. 

Foi unha intensa xornada, a do sábado, na que lles deu tempo tamén de coñecer outros puntos de interese da cidade, como a histórica estación de ferrocarril de San Bento ou a librería Lello, na que a nai de Harry Potter, J. K. Rowling puido inspirarse no tempo no que viviu no Porto para crear a ficticia librería do canellón Diagon