FOTOGALERÍA | Palco de estrelas e viño en Vilamaior

FOTOS: Iván Iglesias.
A Panorama comezou co seu particular tributo ás Tanxugueiras.
Para repor folgos, nada mellor que patacas fritas, bocadillos ou "perritos" da Churrería González.
José González, conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, convidado na celebración previa, deixouse ver tamén na verbena.
José Antonio Blas Piñón, "Blas" na verbena galega, permitiu que un reporteiro deste Diario subise ao palco en plena actuación.
Blas Piñón, no control de son de "París de Noia".
Espectáculo de lume que ambientou a interpretación de "Terra", pola Panorama.

Unha festa privada na que unha coñecida adega da D. O. Monterrei presentaba un novo viño deu paso á primeira e gran noite de verbena na comarca. As inmediacións do santuario dos Remedios acolleron o dobre concerto de dúas históricas da festa galega: París de Noia e Panorama encheron de espectáculo, luz, música e baile a chaeira de Vilamaior diante de centos de persoas que seguían con intensidade o ritmo marcado polas dúas formacións. 

A festa comezou ás 22:00 horas e rematou cara as catro, logo dos dobres pases concentrados nun de cada unha das orquestras.