FOTOGALERÍA | Nova Era comparte unha lúdica e musical xornada cos cativos e maiores de Verín

Pola mañá a banda visitou a Ludoteca do Concello de Verín. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Pola tarde, os maiores de Solleira, esperaban impacientes ós músicos para botar uns bailes.

Como parte da programación das III Xornadas de Música Tradicional da Banda de Gaitas Nova Era, os seus integrantes visitaron este venres a Ludoteca e o Centro de Día Solleira do Concello de Verín.

Pola mañá, mediante xogos interactivos, ensinaronlle á cativada os seus instrumentos e como bailar unha muiñeira, ademais ofreceron un pequeno concerto tocando algunha que outra peza. 

Xa pola tarde, no centro de día, adicáronlle unha actuación ós máis maiores, que se animaron a botar uns bailes entre eles e coas súas coidadoras.