FOTOGALERÍA | Noa Presas aboga por Galicia para estas eleccións: "é hora de dar un paso adiante"

Entrada dos ponentes á Casa da Cultura de Verín. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Diego Lourenzo, teniende de Alcalde do Concello de Verín e deputado.
Samanta Barreira, concelleira de Cultura de Verín.
Quenda de Emilia Somoza, candidata ó congreso.
Eugenio Quintas, candidato ó congreso.
Noa Presas puña o broche de ouro ó encontro.
En primeira fila, Puri Caldelas, concelleira de Medioambiente e Rafael Vázquez, alcalde da Mezquita.
Alberto Rodríguez, portavoz do BNG Monterrei.

Este mércores, 19 de xullo, tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Verín o mitin do BNG no que participaron Noa Presas, cabeza de lista por Ourense ó Congreso dos Diputados; Diego Lourenzo, teniente de Alcalde e deputado; Eugenio Quintas e Emilia Somoza, ámbolos dous candidatos ó congreso.

Presas abogaba por Galicia e pola representación da provincia de Ourense no Congreso: "en Ourense o voto útil é o BNG". Ademais, quixo deixar claro que "non só se presentan a estas eleccións os partidos do prime time, entendemos o medo ó retroceso e á volta da dereita, pero neste país as garantías sociais sempre se conseguiron grazas á presión dos nacionalismos".