FOTOGALERÍA | A neve cobre de branco a comarca de Verín nunha xornada histórica de inverno
A intensa nevada rexistrada este xoves 23 de xaneiro deixou estampas pouco habituais nalgúns puntos da nosa comarca, transformando a paisaxe nun auténtico manto branco e devolvéndonos imaxes propias doutros tempos.
Localidades como Romariz e As Vendas da Barreira (O Riós), xa espertaron baixo a neve, cunha acumulación considerable que cubría tellados, estradas, árbores e leiras e que se foi incrementando ao longo da mañá. A sosrpresa foi cando ao redor das 12:00 horas a neve chegaba ao val do Támega e Verín foi testigo dunha nevada desas que ocorren de década en década.
O fenómeno, provocado pola entrada dunha masa de aire frío, deixou escenas de gran beleza pero tamén obrigou a extremar a precaución na circulación, especialmente nas vías secundarias e deixando vehículos atrapados nas estradas.