FOTOGALERÍA | Moito deporte na volta da Feira do Lázaro de Verín

FOTOS: Noelia Caseiro.

Unha competición de natación na piscina climatizada, coa participación de clubes de Xinzo, Allariz e Chaves; un cómodo e solleiro paseo en bicicleta pola tarde e un partido de fútbol de veteranos entre verinenses e flavienses foi a ampla oferta deportiva do primeiro día da recuperada Feira do Lázaro de Verín. 

Velaí unha escolma das mellores imaxes captadas polo obxectivo e a destreza de Noelia Caseiro