FOTOGALERÍA | Moitas ganas de Batucada e auga na praia fluvial de Verín

FOTOS: Iván Iglesias.

A Batucada gaña días. O venres previo á xornada fixada xa é un máis e ese ambiente déixase notar polas rúas da vila e nas beiras do río. Centos de cativos desfrutaron pola tarde da festa infantil da auga organizada polo Concello de Verín na praia fluvial do Támega. Dende as 16:30 e ata as 19:30, varias atraccións inchables fixeron as delicias dos cativos, e de algún non tanto. 

Pola mañá, un desfile dos integrantes da ludoteca de verán do Concello de Verín animou co seu colorido e a música da Banda de Gaitas municipal os recunchos do centro verinense. A temática escollida, facendo propaganda dunha coñecida multinacional da alimentación americana -que lle ofreceu un desconto a todos os rapaces participantes cando se acheguen a algúns dos seus restaurantes- suscitou algunha que outra crítica polo fomento dunha alimentación de cuestionado valor nutricional. 

Pero, se hai un gran día na Batucada, ese é o deste sábado. Pola tarde, dende as 17:00 horas, festa da escuma e posterior "romaría" polas rúas.