FOTOGALERÍA | Un dos mellores domingos de Corredoiro da historia

FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
Impresionante a imaxe dende un dos balcóns do Restaurante Paladar.
FOTOS: Anabel G. Simón.
Fernando O do Pilón foi, neste 2023, o pregoeiro no Domingo de Corredoiro.

Que era o momento -o lema escollido polo Concello de Verín para este Entroido 2023- xa ninguén o dubida. Xa era hora de poder vivir un entroido sen medo nin restricións e as imaxes -só algunhas porque isto é un pequeno aperitivo da colección de instantáneas deste domingo de Corredoiro- veñen a confirmalo. 

Así estaba a Praza Maior. Unhas 10.000 persoas se concentraron para escoitar ó pregoeiro, Fernando O do Pilón, célebre polas súas parodias nos diferentes entroidos verinenses.