FOTOGALERÍA | Verín festexa un dos Maios máis concorridos da década

Foron moitos os veciños e veciñas que non quixeron perderse a Festa dos Maios. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Maio da Banda de Gaitas Nova Era.
Maio do Centro de Día Solleira.
Maio de Asociación Cultural A Flor da Xesta.
Maio da Asociación Verinense de Amigos da Música.
Maio do CEIP Princesa de España.
Maio do CEIP Amaro Refojo.
Maio do Colexio Apostólico Mercedario.
A xornalista e presentadora verinense Esther Estévez.
Maio do IES Xesús Taboada Chivite.
Maio do CRA Monterrei.
Maio do IES García Barbón.
Maio do CPR Plurilingüe Mª Inmaculada.
Asociación Miquiños.
Femuro.
CDR Portas Abertas.
Asociación Española Contra o Cancro.
O tenente de alcalde, Diego Lourenzo.
Rapazada do CPR Plurilingüe Mª Inmaculada.
Cruz Vermella.
Esther Pato, presidenta de AEVER, coa súa xerente, Beatriz Duarte Lorenzo.
Manuel Lorenzo, concelleiro de Feiras.
Non faltou o pulpo, cortesía de "A Casa do Pulpo".
Concerto da Banda de Música do Conservatorio de Verín. Á batuta Rocío Guillén.
Iria Fernández Rodríguez, saxofonista que acaba de superar o grao Profesional, dirixindo á Banda de Música de Verín.
Iván Pérez Luis, outro dos alumnos do CMUS verinense que vén de acadar o grao de Profesional.
Sara González Dapía, substituíndo ao director titular, José Luis Tielas.

O tempo quixo acompañar e non caiu unha gota de agua. Temíase que así fose. Pero non. E iso convidou a que o centro da vila de Verín e o seu parque da Alameda foran un fervedoiro de xente, que se repartía entre cativada e nais e pais supervisando os seus chimpos nos inchables colocados por AEVER; os que tomaban os primeiros petiscos e vermús do día na praza; aqueles que remexían entre as ofertas das diferentes asociacións sociais con mesas establecidas no lugar, ou os que percorrían a fonte da Alameda en círculo ollando a creatividade dos Maios ao tempo que alguén os abordaba coas coplas deste ano. 

En medio de todos, o concerto da Banda de Música de Verín, que tamén o é do seu Conservatorio. Este ano, cunha novidade. José Luis Tielas, o director de ambas, cedeu a batuta ás catro alumnas e alumnos que veñen de superar o grao Profesional, na que é a primeira das súas promocións. 

Sara González Dapía, Iván Pérez Luis, Rocío Guillén Alonso e Iria Fernández Rodríguez dirixiron aos seus compañeiros e compañeiras nun concerto cargado de emotividade por seren os catro primeiros na historia do Conservatorio verinense en acadar o grao Profesional. 

Foi, sen dúbida, unha das mellores xornadas dos Maios da última década, coa gran vida a que convida un Verín solleiro e florido.