FOTOGALERÍA | O Hotel Maruxa dos Chivititeiros abriu por todo o alto no auditorio municipal
13 de junio de 2026 (12:34 h.)
Como se agardaba, éxito de público na estrea, para todo Verín, do readaptado musical Mamma Mia!!! con selo de David Rodríguez Rivada e Isabel Cota, na dirección creativa e musical; e as novas coreografías de Helena Pousada e Elisa Álvarez; protagonizado por un grandísimo elenco de inesgotable canteira, a do IES Xesús Taboada Chivite.
Hoxe, dende las 20:30 horas, nova e última oportunidade para volver a presenciar o resultado dun traballo que, como xa nos teñen acostumados os mestres Cota e Rivada, arranca sempre que o fai o curso.