FOTOGALERÍA | O IV Encontro Pre-Entroido pon a Albarellos no mapa da festa rachada

Os bombos do Trebón do Mildeu preparados para arrincar co IV Encontro Pre-Entroido. | FOTOS: Anabel G. Simón.

Unhas 200 persoas, moitas chegadas de fóra da localidade, participaron este sábado na cuarta edición do Pre - Entroido de Albarellos, en Monterrei, unha concentración popular onde non faltou o estrondo dos bombos do Trebón do Mildeu, a música de charanga, unha discomóbil e, como non pode ser doutro xeito en terras galegas, unha boa cea con churrasco como prato principal. 

A comitiva arrincaba a iso das sete e pouco da tarde dende a praza Ángel Medeiros até as inmediacións da casa consistorial, para retornar ao punto de saída onde estaba previsto que rematase a festa xa entrada a media noite logo de dar conta da cea para 230 inscritos. 

Albarellos, tempo atrás, non estaba no mapa das ineludibles citas do Entroido da comarca. Pero, a xulgar polo éxito deste IV encontro, non tardará en convertirse nunha das máis imprescindibles.