FOTOGALERÍA | Entrañable concerto de Nadal do alumnado do Conservatorio de Verín

O concerto de Nadal do alumnado do Conservatorio emocionou ao público de Verín. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Quique Rodríguez presentou a Gala de Nadal do Conservatorio.
Samanta Barreira e Diego Lourenzo tamén desfrutaron do concerto.
Nin os elfos quixeron perder o concerto.
CONSERVATORIO VERIN GALA NAVIDAD 2024-2

A Gala de Nadal do Conservatorio de Música de Verín pechaba o seu concerto co o alumnado ao completo interpretando "Axóuxeres". Foi o broche de ouro dun recital no que participaron os 75 alumnos e alumnas en grupos de cada instrumento, coas voces do coro e coas actuacións da Banda de Música e a Minibanda.

O Auditorio de Verín acollía o venres a un público emocionado que desfrutou de pezas clásicas do Nadal e das panxoliñas interpretadas por un alumnado que demostrou a súa evolución nestes meses. E contaron con Quique Rodríguez como mestre de ceremonias, quen arrancou unhas cantas gargalladas entre o público ao longo do evento.