FOTOGALERÍA | Diversión e aprendizaxe na visita á base aérea transfronteiriza de Verín-Oímbra

A demostración de vóo dos avións de carga en terra puxo o broche de ouro a esta xornada. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Todos e todas expectantes á saída das avionetas.
Un dos asistentes á xornada foi o xefe territorial de Medio Rural en Ourense, José Antonio Armada.
Equipo de bombeiros voluntarios de Vinhais.
O rexedor da Mezquita, Rafael Pérez Vázquez, con José Antonio Armada.
Puxéronse na pel dos axentes, técnicos e bombeiros e descubriron como cada un deles desempeñaba o seu traballo en caso de incendio.
Yolanda Bóo, a xefa do Distrito Forestal XIV Verín-Viana, dirixíndose aos cativos na torre de control da base.
Os nenos e nenas desfrutaron da súa propia "Batucada".
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, con Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte da Xunta de Galicia.
A deputada autonómica Cristina Campero, con José Antonio Armada.
O actor, director e presentador Rubén Riós, que conduciu a gala, tamén se achegou até a base.
Grazas a Cabreiroá e Hortoverín os cativos desfrutaron dunha saudable merenda.

Uns 100 escolares da comarca de Verín-Monterrei e das localidades da Gudiña e da Mezquita participaron este venres, 6 de xuño, na primeira “Xornada escolar de loita contra o lume”. Un dos momentos máis esperados por a cativada desta xornada, foi a visita á base aérea transfronteiriza Oímbra-Verín, onde o alumnado puido coñecer de primeira man o funcionamento dos medios de extinción aérea que operan entre Galicia e Portugal.

Durante o percorrido, os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de subir á torre de control, ver de preto os avións de loita contra incendios, así como conversar con brigadistas galegos e bombeiros forestais portugueses. Ademais, participaron en talleres formativos sobre a operativa dos equipos de extinción, coñecendo o papel das motobombas, brigadas, axentes medioambientais e demais persoal técnico.

Esta xornada, organizada pola Consellería do Medio Rural e Diario do Támega, busca sensibilizar á cativada sobre a importancia da prevención dos lumes e a protección do monte, nun territorio especialmente vulnerable aos incendios forestais.