FOTOGALERÍA | Día histórico para os Mercedarios de Verín

FOTO: Noelia Caseiro.
FOTO: Noelia Caseiro.
FOTO: Noelia Caseiro.
FOTO: Noelia Caseiro.
FOTO: Noelia Caseiro.
FOTO: Noelia Caseiro.
FOTO: Noelia Caseiro.
FOTO: Noelia Caseiro.
FOTO: Noelia Caseiro.

A igrexa e convento da Mercé de Verín viviu onte un feito histórico coa ordenación de Jordi Montes como frade dos Mercedarios e diácono da Diócese de Ourense, sendo o primeiro que ten lugar nesta comunidade relixiosa verinesa. Pola mañá foi admitido oficialmente como membro da Orde da Mercé, despois de tres anos de proba.

Pola tarde tivo lugar outro dos actos importantes da xornada para Montes. O bispo Leonardo Lemos presidiu na igrexa da Mercé un solemne acto no que ordenou ó novo frade como diácono, un paso previo a converterse en sacerdote, algo que acontecerá nos próximos meses.

Esta semana é importante para a igrexa da Mercé. Ademais deste feito histórico para a súa comunidade, mañá comeza a novena pola Virxe da Mercé e rematará o 24. Dende este venres haberá todos los días misa ás 20:00 horas, eucaristía que se transmitirá tamén en directo pola páxina de Facebook do convento da Mercé de Verín.