FOTOGALERÍA | O Desfile Infantil da Batucada conquista Verín cun multitudinario safari cheo de cor

Escolas Deportivas de Verán xunto aos maiores do Centro de Día Solleira. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Ludoteca de Cualedro cos maiores de Solleira.
Ata o Pato Donald veu a ver o Desfile Infantil!
Cada grupo da Ludoteca sorprendeu cun baile diferente.
Cebras, camaleóons, xirafas, loros... Todos disfrazados en sintonía á temática deste ano: Safari.
Deceas de nenos e nenas participaron no desfile.
A Praza do Concello encheuse de pais e nais que se achegaron para ver os disfraces e actuacións dos seus fillos.
Tampouco o alcalde, Gerardo Seoane, e Manuel Lorenzo, concelleiro de Feiras, quixeron perderse o espectáculo.
A concelleira de Cultura, Samanta Barreira.
O CDR Portas Abertas tamén participou na xornada.
Os nenos da Ludoteca de Cualedro viñeron ata Verín para festexar a Batucada.
Diego Lourenzo, teniente de alcalde, xunto a Gerardo Seoane.
E como non, o desfile avanzaba ao ritmo do tambor, como preludio á gran festa deste sábado.
As rúas de Verín volveron converterse nunha auténtica festa coa celebración do tradicional Desfile Infantil da Batucada 2026. Máis de 400 nenos e nenas da Ludoteca e Campamento Urbán de Verín, das Escolas Deportivas, do CDR Portas Abertas e da Ludoteca de Cualedro participaron nun percorrido con temática Safari, que partiu do CEIP Amaro Refojo e rematou na praza García Barbón, enchendo o centro da vila de música, disfraces e animación.