FOTOGALERÍA | O Concerto de Nadal do CMUS ateigou o Auditorio de Verín

Alumnado de todas as especialidades do CMUS participaron no Concerto de Nadal. | FOTOS: Jainer Barros.

Cada vez son máis as persoas que acoden ás actuacións organizadas dende o Conservatorio de Música de Verín. É un verdadeiro pracer poder escoitar música en directo interpretada polas alumnas e alumnos do CMUS. Onte, o Auditorio de Verín case completa o aforo con toda a veciñanza que quixo gozar do Concerto de Nadal.  

Ás 20h comezaba unha gala na que puido escoitarse un variado repertorio de música clásica e de Nadal. Un concerto no que actuou alumnado de todas as especialidades do conservatorio, así como a Orquestra Infantil, o Coro e a Banda de Música. Unha deliciosa interpretación que deixa tan bo sabor de boca que xa queremos máis.

Ás veces non somos conscientes do que temos diante... ata que o perdemos. Por iso, ter a sorte de poder escoitar ó alumnado do Conservatorio de Música de Verín ofrecéndonos música ao vivo é un feito que temos que subliñar e celebrar.