FOTOGALERÍA | O comercio local de Verín si sabe celebrar o Samaín

As rúas de Verín "resplandecen" terroríficamente grazas á iniciativa do comercio local. | FOTOS: Noelia Caseiro.
As mascotas tamén participan no Samaín.
O comercio da Rúa Maior sempre sorprende pola calidade das decoracions que crean no exterior.
Os seres que habitan o averno saíron do inframundo para colonizar Verín.
Un cea moi apetitosa para ista noite de ánimas.
En Dentalnova, as fumarolas completan a súa decoración.
Solleira tamén está "invadido" por seres da noite de ánimas.
Morcegos, arañas e ratos invaden os escaparates.

Sempre sorprende a gran creatividade dos comercios locais de Verín que participan nas distintas celebracións coas decoracións temáticas dos seus escaparates.

Con istes agasallos á vista, inda que sexan "terroríficos", é un pracer pasear polas rúas da vila e ver que hai vida nelas... ou morte, nistes días cheos de seres do inframundo.

Agora si, o Samaín percíbese no ambiente. Un motivo para saír e celebrar, de xeito festivo e divertido, a noite das ánimas que saen do averno para visitarnos... ou o novo ano celta co fin das colleitas e da tempada estival. 

O esforzo do comercio local merece o aplauso da veciñanza e unha recompensa; e non hai mellor premio que mercar nos establecementos da vila.