FOTOGALERÍA | Cheo absoluto no auditorio na benvida do "ratiño" Pérez

FOTOS: Jainer Barros.
O rexedor, Gerardo Seoane, impóndolle unha medalla ao Sr. Pérez.
A contacontos verinesa Raquel Queizás.
María Isabel Álvarez Trujillo, co ratiño Pérez. Ela ilustrou o conto presentado este mércores.
Antonio Justo, da Fundación Dentalnova, feliz co rato Pérez.
Carlos, Álex, María e Sabela, do equipo de producción da gala de benvida do rato Pérez.
Manuel Lorenzo, concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, tamén estivo na gala de benvida.

Este mércores, máis de 600 nenos e nenas procedentes dos centros educativos da comarca recibiron no Auditorio Municipal de Verín ao ratiño Pérez. Os seus anfitrións foron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, o concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería, Manuel Lorenzo e o xerente da Fundación Dentalnova, Antonio Justo; quen lle deron unha calorosa benvida e entregáronlle unha medalla de honra en agradecemento ao seu «encomiable labor ilusionando, ano tras ano, aos máis pequenos da casa».