FOTOGALERÍA | Centos de nenos fan cola para desfrutar dos inchables no río de Verín

A cativada tiña catro tipos de inchables onde escoller. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Colchoneta para os máis pequenos, ata catro anos.
Todos os inchables contaban con monitores vixiando ós nenos.
Hainos que preferían darse un baño no río.
Os máis tímidos observaban dende a ponte.
Protección Civil velando pola seguridade dos participantes.

Esta tarde tivo lugar na Praia Fluvial de Verín a festa que predecerá ó gran día da Batucada con inchables e animación musical para os máis cativos. 

Centos de nenos e nenas desfrutaban de grandes colchonetas e dalgún que outro baño no río que lles axudaba a combater a calor. A organización estableceu catro zonas diferenciadas, unha para pequenos de ata catro anos, outra que desenvocaba no río e para a cal era obrigatorio saber nadar, e dous tobogáns con auga.