FOTOGALERÍA | Cativos do Amaro Refojo peitean O Olivar na procura de lixo

FOTOS: Noelia Caseiro.
A cativada meteu a Manuel Araújo, de Protección Civil, no río.
A expedición dirixíndose á beira do río.
Voluntarios de Protección Civil de Verín agardaban a saída dos cativos.

Uns trinta cativos de sexto de Infantil do CEIP Amaro Refojo de Verín botáronse este venres á rúa e ao río. Saíron, nunha mañá espléndida, á procura de lixo á beira do cauce do Támega, no barrio do Olivar

Contaron coa sempre inestimable colaboración dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil da vila. Mesmo o seu responsable non dubidou en meterse na auga para axudar á cativada a retirar residuos.

Volveron ás aulas "moi satisfeitos, contentos e concienciados de que hai que coidar, e moito, á natureza", recoñeceron dende o centro educativo.