FOTOGALERÍA | Os camioneiros de Verín secundan o parón do sector e informan aos demais transportistas

O presidente de Apetamcor, José Manuel Rodríguez.
Máis do 90% dos camioneiros da nosa vila secundaron hoxe a folga de transportistas convocada a nivel estatal e que reivindica accións por parte do goberno central para paliar a suba do prezo dos carburantes. Os profesionais deste sector denuncian que están a traballa a perdas, isto é que non están a sacar beneficios polo seu traballo. Coa intención de sumar máis xente á causa situáronse na rotonda de Queizás, que conecta coa A-52 e a A-75, para parar alí aos compañeiros do seu sector que se atopen en ruta e informarlles das razóns da folga e das súas reivindicacións.