FOTOGALERÍA | Peche de curso do segundo ano dun CMUS profesional

FOTOS: Iván Iglesias.
Carme Sola, da ANPA, dirixíndose ao público.
Javier Castrillo integra tamén a ANPA.
Diego Lourenzo amosou a súa satisfacción polo número de matriculados no CMUS.
FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Pablo López, dirixindo aos seus cativos dende o patio de butacas.

Rematou o curso académico 2021-2022 no Conservatorio de Música Profesional de Verín, e fíxoo, como non pode ser doutro xeito, facendo música. O auditorio acolleu este sábado a audición de fin de curso e a gala de entrega dos diplomas aos alumnos que superaban grao. 

Antes desde emotivo momento, unha vintena de cativos interpretaron algunhas pezas, ben como solistas ou en conxunto. Para rematar, os pequenos que dirixe Pablo López fixeron as delicias do público con catro pezas. Finalizouse a sesión coa interpretación da orquestra do Conservatorio, dirixida por Miguel Ángel Guerra