FOTOGALERÍA | Un Nadal cheo de maxia e ledicia: así foi a Gala de Nadal de Aever
Risas, aplausos e moita ilusión encheron o Pavillón Municipal de Deportes de Verín durante a Gala de Nadal organizada por Aever, unha cita xa consolidada no calendario festivo da vila. O evento reuniu a numerosas familias que non quixeron perder un espectáculo pensado para todos os públicos, no que a diversión foi a gran protagonista.
Sobre o escenario sucedéronse actuacións cheas de ritmo e humor da man de Fran Rei e Félix Rodríguez, encargados de conducir a gala cunha proposta dinámica e participativa. A música e a enerxía de Paco Nogueiras fixeron cantar e bailar aos máis pequenos, mentres que Zirko Txosko sorprendeu ao público cos seus números de circo, acrobacias e clown.
A gala serviu tamén como punto de encontro para celebrar o Nadal en comunidade e poñer en valor o comercio local, nun ambiente cheo de ledicia e espírito festivo. Unha tarde para lembrar e dar a benvida ao novo ano co mellor dos ingredientes: cultura, familia e ilusión.