FOTOGALERÍA | 40 fotos para 40 anos de Verino na moda

Luciano Rivero Cuquejo, Roberto Verino, Manuel Baltar e Ana María Villarino Pardo, co subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, á dereita.
Emilia Somoza, a concelleira de Cultura do Concello de Verín.
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, coa súa segunda tenente de alcalde, Rosario Rodríguez Delgado.
Roberto Verino, no seu pequeno discurso ante os asistentes, recalcou a necesidade de "crer en nós mesmos e ter claro que é posible xurdir e rexurdir".
"Esta exposición é moito máis que unha compilación de fotografías dos mellores fotógrafos de moda. É unha forma de expresión propia coa que recordamos que o noso estilo perdura a través dos anos", sinalou Verino.
"Unha muller ou home Verino pode ter unha prenda no seu armario de hai 20 anos e ser perfectamente actual no día de hoxe".
A exposición comeza na súa vila natal e percorrerá 10 - 12 cidades ao longo do noso país neste 2022 e 2023 entre as que están: Sevilla, Oviedo, Santander, Madrid, Santiago de Compostela e Bilbao.
As deputadas provinciais e alcaldesas Ana Patricia Torres Madureira (Boborás) e Ana María Villarino Pardo (Oímbra), con Manuel Baltar.
A exposición estará aberta dende o 30 de xuño ao 30 de agosto e conta cunha web: www.estiloverino.com.
Vicente Gómez, alcalde de Castrelo do Val, co presidente da Deputación.
O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, saúda a Roberto Verino.
Gerardo Seoane, alcalde de Verín, saúda con cordialidade a Manuel Baltar.
A exposición estará aberta ata o vindeiro 30 de agosto.
A Casa da Cultura de Verín acolle dende este xoves a exposición de fotografías "40 anos de Estilo Verino", unha retrospectiva do traballo do deseñador Roberto Verino con imaxes de "top models" como Christy Turlington, Olatz ou Helena Christensen e fotógrafos como Eloy Lozano, Javier Vallhonrat, Jacques Olivar ou Paco Navarro. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou na inauguración da mostra, acompañado polo propio Verino; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; a súa segunda tenente de alcalde, Rosario Rodríguez Delgado; Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos; Cándida Couñago, concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil e Purificación Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente; todos os alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez.