FOTOGALERÍA | Verín vive a súa gran noite do cine para despedir ao FIC
04 de septiembre de 2022 (23:16 h.)
A gala de clausura do FIC puxo fin á súa sétima edición con moitas risas e agradecementos para todas as persoas que o fixeron posible. A organización, as empresas e as institucións públicas que colaboran nel e, sobre todo, os espectadores permitiron que Verín fose un berce cultural máis alá das súas fronteiras nestes días.
No Auditorio de Verín déronse cita moitas personas que participaron nesta última gala na que se premiou a catro curtas. Esther Estévez, quen conduciu a cerimonia, foi unha das máis aclamadas e tamén a protagonista do momento máis emotivo cando a homenaxearon pola súa traxectoria, que comezou como voluntaria no FIC.