domingo 29/11/20
Verín

O espíritu do "Verín Non Se Pecha" segue vivo

Eran moito máis concurridas as concentracións cando o pariodoiro estaba aínda pechado, pero onte á tarde quedou claro que o movimento do #VerínNonSePecha aínda segue vivo ata en tempos de restriccións por pandemia. Un cento de persoas se concentraron diante das portas do Hospital de Verín, convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca de Monterrei e o movemento das Enfermeiras Eventuais en Loita
Alí estaban, dende traballadores do propio centro hospitalario ata unha nutrida representación política do bipartito verinense e doutros concellos limítrofes. 
O bulo que todo o día circulou por Whatsapp na vila e arredores, de seguro atemorizou a máis dun que tiñan pensado con anterioridade respaldar a convocatoria. 
comentarios
O espíritu do "Verín Non Se Pecha" segue vivo