Dous lumes orixinados no espazo dunha hora calcinan unhas 30 hectáreas en Riós e Verín

FOTOS: Noelia Caseiro.
Chegada do turno de disponibilidade da BRIF de Laza.
No control do lume de Fumaces participaron un total de cinco avións, entre hidroavións e avións de carga en terra.
As lapas aproximáronse a unha explotación de gando vacún.
O tráfico estivo interrompido na Nacional 525.
Vista aérea da superficie queimada en Fumaces. | FOTO: @BMarroxo
O lume de Vilamaior quedou controlado ás 19:21 horas. | FOTO: @BMarroxo.
En Vilamaior calcináronse unhas sete hectáreas. | FOTO: @BMarroxo.
FOTO: Pedro Armestre.
FOTO: Pedro Armestre.

Ás 21:00 horas deste xoves 24 de agosto quedaba estabilizado o primeiro lume de consideración na comarca, orixinado ás 16:10 horas e que acabou por consumir unhas 20 hectáreas de monte nas aldeas de Fumaces (Riós) e Feilas (Vilardevós)

As lapas ameazaron unha explotación de vacún ubicada a carón da estrada nacional N - 525, á altura do kilómetro 157. A circulación estivo interrompida entre os puntos kilométricos 157  e 159 por espazo dun par de horas dada a moi reducida visibilidade polo fume. 

Para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 3 técnicos, 8 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 4 helicópteros, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións. Tamén foron mobilizadas unidades da BRIF de Laza. 

Non foi o único incendio que se declarou na comarca de Verín. Pouco despois das 17:00 horas iniciábase outro a carón da estrada OU - 113, que une Verín con Castrelo do Val, á altura da localidade de Vilamaior. As lapas calcinaron unhas sete hectáreas, case todas de monte raso e na súa extinción participaron tres axentes, cinco brigadas, catro autobombas e catro helicópteros. Tamén colaboraron unidades da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín. 

Quedou controlado cara as 19:20 horas