FOTOGALERÍA | Verín botouse á rúa para festexar o Corredoiro

A Charanga Támega foi a encargada de, unha vez máis, poñer a banda sonora nun día con broche de ouro | FOTO: Anabel G. Simón
Moitas persoas decidiron sacar os capuchóns, reivindicando unha tradición tan nosa.
Na Praza García Barbón con collía unha agulla.
Unha das grandes entroideiras; Marilís decidiu "vestirse de gala" para a ocasión.

Non se lembra un Corredoiro como o diste ano. A Praza García Barbón quedábase pequena para acoller a tódalas persoas que quixeron festexar o día grande dos Cigarróns, protagonistas dunha xornada que, cada ano, colle máis auxe. Este vai ser un Entroido de cifras históricas que romperán récords de asistencia.

Que tiñamos ganas, e case necesidade, de celebrar un Entroido sen restriccións xa o vimos dicindo dende hai tempo. A noite de Compadres púxoo de manifesto, tamén foi un festexo con asistencia masiva. Pero, o día de Corredoiro sempre o sentimos como un día especial os de Verín, e onte quedou claro coa enorme cantidade de veciñas e veciños que se botaron ás rúas de Verín para festexalo.

E non só na Praza, todo Verín era un fervedoiro de perrucas, disfraces, capuchóns, alegría e celebración. Centos de Cigarróns participaron nun desfile que tivo que modificar o seu percorrido pola magnitude da asistencia que se esperaba, pero tamén, había moitos grupos deles en distintos puntos da vila. Maiores e cativos saíron acompañalos. As charangas, xa dende vén cedo, animando á veciñanza a que saíran ás rúas. Entroideiras e entroideiros dispostos a facer grande a súa festa