FOTOGALERÍA | Luns de fariña e cativada en Verín

Foron moitos os cativos que esta tarde participaron na programación especial deseñada polo Concello de Verín e que se repartiu polas prazas García Barbón e Mercé da vila. Xogos de xigantes, populares -coma o da ra, chapas ou buxainas-, obradoiros e algunhas diversións propias dun circo fixeron as delicias dos máis pequenos, nunha tarde na que tampouco faltou un ingrediente fundamental do Entroido de Verín: a fariña.