Velaí vén o Samaín! Quen dixo medo?

A Morte agarda na Rúa Maior de Verín. Serás ti o escollido?
Teas de araña tapizan a Rúa Maior.
Os morcegos aterran á veciñanza; vénganse da matanza dos seus irmáns.
Que acontece na Rúa Maior de Verín? Semella saída de lendas escuras.
Invasión nas tendas da Rúa Maior. Atréveste a entrar?
A Bruxa vixía quen vai pola Rúa Maior e que fai. Coidado cando te achegues!
Non os mires! Os Errantes da Noite de Medo chegan o xoves para levarte con eles.
No Centro de Día de Verín- Raiola tamén están preparados para o Samaín.
Na Biblioteca de Verín os peques preparan cabazas que dan moito medo.
No CEIP Amaro Refojo teñen festa terrorífica con recollida de alimentos.
O alumnado do CPR María Inmaculada leva tempo preparando o Samaín.
No CEIP O Castiñeiro van percorrer as rúas de Laza para atrapar ós veciños.
En Castro de Laza teñen cea para toda a veciñanza e unha foliada de disfraces.

O terror coloniza a bisbarra! Bruxas, orcos, cabazas, morcegos e seres escuros invaden o noso territorio para levarnos de foliada. Festexamos o Samaín para lembrar o final da vendima e a chegada do inverno. Nin os colexios quedan libres do medo! Os comerciantes da Rúa Maior de Verín están aterrados ante as presenzas aparecidas nos seus establecementos. A Noite de Medo está próxima... Serás quen de saír á rúa estes días?