GALERÍA DE IMAXES | Manifestación feminista 1M en Verín

Galegas 8M elixiron Verín para concentrar ó feminismo galego antes da chegada do 8M, Día Internacional da Muller, debido á loita sen descanso que exerceu a veciñanza da comarca na defensa do paridoiro e das urxencias pediátricas do Hospital de Verín.

Este domingo, 1 de marzo, miles de mulleres de diferentes rincóns de Galicia aterraron en Verín para berrar ben forte "sen coidados non hai vida", nunha manifestación feminista previa e única ás diferentes marchas que se celebrarán o vindeiro domingo.