Xoves 23.05.2019
Sociedade

O "luns das adegas" de Oímbra xa é cita obrigada no Entroido da comarca

Oímbra xa é un referente no Entroido comarcal. O que comezou cunha sinxela, acolledora e reducida festa entre os veciños da capitalidade do municipio vén de se convertir nunha cita ineludible dos luns de carnaval. Onte batíronse as marcas de participación, foi a edición máis concorrida de todas as que se teñen celebrado. A fórmula do éxito ten tres elementos esenciais: Música de charanga, con Mekanica e Fuego Street Band; comida a fartar e bo viño.

Pero o mellor de todos eles é o condimento ineludible: a hospitalidade de todos os seus veciños coas xentes da comarca pero tamén doutros lugares da comunidade autónoma.

A festa arrancou cara as catro da tarde e mantívose ata ben entrado este martes de Entroido. Ninguén poderá dicir que se foi sen marchar farto de viño, viandas e boa música. De seguro que todos eles repiten o vindeiro ano.

comentarios
O "luns das adegas" de Oímbra xa é cita obrigada no Entroido da comarca