GALERÍA | Volve a Feira a Viana do Bolo tras meses de restricións

A veciñanza de Viana do Bolo e arredores non asistía á celebración da tradicional feira dende que o pasado 26 de agosto a Xunta de Goberno Local decretou a súa suspensión. Así, tras meses de restricións encadeadas este 13 de abril voltou o tradicional mercado que adoita ser un punto de encontro entre os veciños. Cumplindo coas medidas estipuladas polo Concello, a feira celebrouse nun día pasado por auga.