GALERÍA | A enriquecedora tempada estival dos cativos no 'Oímbra verán 2021'
20 de julio de 2021 (15:26 h.)
Así están a desfrutar os case 40 nenos inscritos no ‘Oímbra Verán’, organizado polo concello de Oímbra. Os participantes, todos comprendidos entre os 3 e os 14 anos e coordinados polos cinco monitores destinados a esta fin, realizan diversas actividades como aprendizaxe de idiomas, manualidades no interior do pavillón e tamén saídas ao aire libre como, por exemplo, á famosa Ruta dos Lagares, coa que coñeceron máis a fondo a valía do patrimonio local.
Tódalas actividades son realizadas en grupos reducidos e baixo estritos protocolos de prevención contra a Covid-19. O ‘Oímbra Verán’ permitirá unha mellor conciliación da vida laboral e familiar tódalas mañás laborables ata o vindeiro 31 de agosto.