GALERÍA | Xogos, prantas e moita diversión para os nenos de Monterrei
20 de julio de 2021 (15:22 h.)
En Monterrei xa emprenden a cuarta semana do seu campamento de verán gratuíto para os nenos empadroados no concello e comprendidos entre os 3 e os 12 anos. Conta con dúas sedes, Albarellos e Medeiros, onde están inscritos 30 e 10 cativos coordinados por 3 e 1 monitor respectivamente.
Entre as actividades que realizan están a fabricación caseira de instrumentos musicais, cultivo de pequenas prantas e saídas ao aire libre para realizar xogos deportivos. Van compartir xuntos tódalas mañás do verán ata o vindeiro 27 de agosto.