GALERÍA | Jorge Álvarez convertiu esta fin de semana Viana nunha pasarela

Un momento do desfile, organizado por Jorge de Álvarez en Viana. | FOTOS : Ares Pérez Antonio.
O modisto Jorge de Álvarez, á dereita da imaxe, coas modelos. | FOTOS : Ares Pérez Antonio

O modisto, Jorge De Álvarez, convertiu esta pasada fin de semana a súa terra natal, Viana do Bolo, nunha auténtica pasarela, cun desfile multitudinario que reuniu a numerosas persoas -cumprindo as restricións sanitarias- e no que presentou as súas catro últimas coleccións.

Durante o acto, que estivo conducido polo actor e director Rubén Riós, o deseñador presentou os seus traballos realizados neste último ano. Comezou o acto, cun pase de traxes de baño e que deu paso a "Uhuru", colección inspirada no filme Memorias de África, coa que conqueriu o segundo premio nacional de moda. O terceiro pase incluiu vestimentas que empregou no proxecto artístico "Latexos do rural no Camiño". Pechou o acto, a súa colección máis comercial, titulada "Cayetana", a cal está inspirada no "mundo dos pijos" e que destaca polos seus tons pasteis, as plumas e os brillos.