GALERÍA | Así se mollaron polo Támega en Verín!
26 de septiembre de 2021 (21:53 h.)
Un ano máis, o CDR Portas Abertas e mailo Concello de Verín, organizaron o evento 'Móllate polos ríos', enmarcado no Proxecto Ríos, posto en marcha pola asociación Adega no ano 2005 e promovido pola Consellería de Medio Ambiente.
Unha ducia de voluntarios participaron na mañá do domingo na recollida de residuos sólidos depositados tanto na cunca coma nas veiras do Támega ao seu paso por Verín.
Como así se pode ver nas imaxes, houbo quen fixo bo o lema da campaña e non tivo medo a mollarse recollendo, no propio río, o lixo que outros depositaran.