Chegar limpo a casa foi, este luns, cometido imposible en Laza

FOTOS: MANU SAN MARTINO

Ninguén dubida de que o luns é o día grande do Entroido en Laza. Aínda que queda moito por vivir nas poucas horas que lle restan a este 4 de marzo: residentes e visitantes agardan pola baixada da Morena, que virá acompañada de formigas encabritadas e con ganas de morder logo da ducha fría de vinagre que recibiron.

Pola maña, a "Xitanada dos burros", ese séquitos de parellas a cabalo que recorren a vila continuou una festa enxebre que arrancara ben cedo coa xa tradicional farrapada.