Agora si!!!!... O Entroido de Verín xa está aquí!!!!!

Non é Comadres... Pero case!!
Vistosísimo lucerío da discoteca móbil da noite de Compadres.
O maragato, nun moi modesto vehículo, camiño do fin.
A festa, a esas horas, aínda estaba comezando.
Máis luces que Vigo en nadal levaba o percusionista dos Támega.
Bebendo en plástico, como ten que ser.
Moito aspecto de compadres non tiñan as "protas" da imaxe.
Nada máis comezar a festa aínda se precisaba abrigo.
Hai quen desfruta de Compadres facendo ruído.
Algún que outro experto do audiovisual non quixo perderse a noite na que o Entroido de Verín comeza.
"O que eu che diga!!! ..."
Un dos primeiros grupos de compadres en chegar á praza.
Moitas gabardinas de tres cuartos se venderon estes días...
Por moito que tentara disimulalo... Compadre non era!
Na rúa Montemaior comezou, abofé, a festa desta noite pasada.
Houbo compadres que optaron por unha vestimenta menos convencional.
Mensaxe clara e concisa...

Unha pequena escolma do que foi a noite de onte polas rúas da vila de Verín, na que os Compadres pasearon o "maragato" ata darlle cumprida morte na praza, ateigada de xente con moitas ganas de comezar o Entroido deste ano 2020.

O pregón foi toda unha homenaxe a entroidero simpar, "Toni" Tarrío, falecido meses atrás e que o pregoeiro de onte, Ernesto López, quixo lembrar.