As imaxes do 8-M en Verín: Porque caladiñas non estades máis guapas!!!

A celebración do Día Internacional de Muller en Verín, esta mañá, deixou imaxes non só para lembrar senón tamén para facernos reflexionar un día si e o seguinte tamén. A concentración deu paso a lectura dun manifesto e unha posterior "performance" infantil, onde se patearon, en forma de negras caixas de cartón, os estereotipos que aínda conviven na sociedade actual.