FOTOGALERÍA | O día no que As Tanxugueiras choraron en Marcelín

FOTOS: Iván Iglesias
A presentadora da TVG, Esther Estévez, e Benedicta Sánchez.
A rexedora de Riós, Eva Barrio, mantívose nun respectuoso segundo plano.
As Travesas da Mezquita, en liña para recibir ás Tanxugueiras.
Jorge Álvarez, o deseñador vianés.
A placa na honra ás Tanxugueiras, nun castiñeiro do souto de Marcelín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Son unhas fenómenas e teñen seguidoras moi cativas capaces de chorar coma perdidas cun só sorriso de Aída. Se alguén tiña algunha dúbida de que estas tres mulleres galegas arrasan e arrastran alá por onde van, basta a emotiva mañá vivida na aldea de Marcelín (Concello de Riós) -onde xa teñen o seu castiñeiro- para disipala. 

Ata bágoas longas coma ela amosou a verinense Esther Estévez, condutora do acto, pero tamén Sabela, Aída e Olaia -por esta orde- pouco despois de descubrir a placa que as xa fai un chismo máis inmortais. A carón de todos, Benedicta Sánchez -"cando un está feliz non hai frío nin calor"-, a alcaldesa de Riós, Eva Barrio; o vicepresidente da Deputación, César Luís Fernández; Jorge Minas Domínguez Couso, "pai" da Vibomask vianesa, e o anfitrión e "latexante" Rubén Riós, quen unha vez máis volveu a colocar ao seu concello e por un día no mapa autonómico -por detrás, iso si, de Vigo, que contraprogramou coas súas luminarias-. 



 

As Travesas da Mezquita fixéronlle ás tres pandereteiras o pasillo da honra coas pandeiretas ao ar cando chegaron, soou música da Banda de Gaitas do Riós, uns pequenos cativos tocaron para elas e unha notable representación do entroido ourensán estivo presente. Tamén o vianés e deseñador Jorge Álvarez, responsable de vestilas para o Benidorm Fest, estaba entre o público. 

As Tanxugueiras non choraron "o domingo á tarde", fixérono contra o mediodía deste sábado.