NOTICIAS VERÍN | As súas maxestades chegaron a Riós á hora do café

Eran pouco máis das catro da tarde cando Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban á praza do Concello de Riós. Non deron tempo da cumprida sobremesa, pero alí os agardaba xa a súa rexedora, Eva Barrio

Ensinoulles o consistorio, primeira vez como anfitrioa; saíron a saudar ao balcón da Casa do Concello e logo, xa a pé de rúa, as súas maxestades comezaron a recibir á cativada. Non quedou ningún neno sen o seu agasallo: un conto, un paquete de gominolas e un xoguete segundo a idade. 

Velaquí algunhas imaxes desa especial tarde no Riós