NOTICIAS VERIN | Fin de semana chea de festa en Riós co Samaín e o magosto

Os veciños de Florderrei festexaron o magosto.
A alcaldesa de Riós, Eva Barrio, participou no magosto de Florderrei.
Os nenos de Riós asistiron ó espectáculo Samaín Máxico co mago Jose Rivera.

Os veciños de Riós desfrutaron esta fin de semana coas festividades máis significativas destas datas. O sábado, a veciñanza de Florderrei congregouse para celebrar o magosto cunha gran cea que ninguén se quixo perder. A alcaldesa, Eva Barrio, foi unha máis nesta festa.

Por outra banda, este domingo foi o turno dos cativos para festexar o Samaín e fixérono cunha actividade moi especial. Da man do mago Jose Rivera, participaron nun espectáculo que mesturou maxia, risas e algún que outro susto. Os rapaces, que encheron o salón de actos do Edificio Multiusos, asistiron disfrazados para a ocasión cos seus traxes máis terroríficos.